Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma [réxime de avaliación continua]
A avaliación terá en conta a capacidade de progresión do alumnado. Polo tanto a nota deste apartado calcularase a partir das 2 mellores de (como mínimo) 4 encargas entregadas ó longo do semestre.
40 CB1
CB2
CB3
CE3
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CE24
CE25
CE26
CE27
CT2
CT4
CT7
CT9
CT12
CT13
CT15
CT16
CT18
CT24
Saídas de estudo/prácticas de campo [réxime de avaliación continua]
Dentro das posibilidades de realización da saída de estudos real, o traballo de campo serve para familiarizarse co lugar e as instalacións dunha entidade cultural que preste a súa colaboración para coñecer ou mesmo protagonizar a súa política tradutora. A entidade poderá ser un museo, un espazo expositivo, un concello, un arquivo, unha oficina de turismo, unha asociación, unha ONG, unha empresa da industria cultural ou en xeral a organizadora dun evento.
Esta experiencia serve para compoñer un limitado corpus de textos para traducir en galego ou en francés.
A nota dos traballos realizados polo alumnado componse da participación activa na saída de estudo (10% da nota final) e da aceptabilidade e calidade do produto traducido (30% da nota final).
En caso de un/ha alumno/a non poder participar na saída (por razóns xustificadas) o/a docente proporalle unha actividade paralela adaptada ás súas circunstancias.
40 CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE8
CE9
CE12
CE16
CE24
CE25
CE26
CT2
CT3
CT7
CT8
CT12
CT13
CT15
CT16
CT24
Resolución de problemas e/ou exercicios [réxime de avaliación continua]
Dúas probas de tradución en aula, con control de tempo, que servirán para avaliar capacidades concretas (por exemplo a reactividade) ou respostas diante de dificultades concretas (por exemplo a tradución dos nomes propios). Cada unha das dúas probas contará un 10% da nota final da avaliación continua.
Para estas probas o alumnado non poderá utilizar documentación nin recursos externos, agás cando o tipo de texto precise o uso de ferramentas. Neste caso o docente comunicará as instrucións oportunas coa suficiente antelación.
20 CB5
CE3
CE9
CE12
CE17
CE18
CE22
CE27
CT2
CT4
CT7
CT8
CT9
CT16
CT18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Son dous os docentes que imparten este curso. Para aprobar, o alumnado deberá sumar suficientes cualificacións positivas entre todas as actividades das saídas de estudo, da resolución de problemas e de exercicio autónomo impartidas polos dous docentes.

O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua.

O alumnado que non se acolla ó réxime da avaliación continua ou que non xunte as condicións esixidas para seguir en réxime de avaliación continua (non entregar todas as encargas nos prazos sinalados  a principios de curso ou non realizar as probas en aula) deberá presentarse ó exame final, que terá lugar na segunda semana de decembro na hora de clase. A data concreta comunicarase a comezo de curso e figurará na información ofrecida via faitic.

O exame final (segunda semana de decembro de 2015) consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os problemas atopados e solucións adoptadas.

O alumnado que suspenda o exame de decembro deberá presentarse ó exame final de xullo. O alumnado que siga a avaliación continua só deberá realizar as probas suspensas en xullo.

O exame de xullo celebrarase o día da convocatoria oficial de xullo que estableza a Facultade. Consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os problemas atopados e solucións adoptadas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000