Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Aplicación das destrezas e coñecementos desenvolvidos mediante as demais metodoloxías na realización de distintas tarefas propias da tradución profesional no ámbito dos servizos culturais (encargas de tradución, revisión, etc.). 50
Debates Participación activa na posta en común razoada e crítica sobre as dúbidas, inquedanzas e lagoas xurdidas no transcurso das distintas tarefas realizadas ou encargadas na clase. 10
Metodoloxías integradas Reflexión sobre a aprendixaze ao longo da materia mediante a entrega dun portafolio/relatorio seguindo as pautas explicitadas na clase. *
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha ou varias probas presenciais de tradución xustificada. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación: continua e única. Estes son
incompatibles e hai que optar por un ou outro nas primeiras sesións.
Para acollerse á avaliación continua é preciso participar en todas as
actividades da materia e realizar as probas e encargas correspondentes.
As metodoloxías descritas na sección "Avaliación" desta guía docente fan
referencia á avaliación continua.


A avaliación continua inclúe
unha primeira proba de tradución e corrección o día 1 de outubro e outra
de tradución, revisión e coñecementos de xestión o día 10 de decembro.
Durante o primeiro periodo de traballo autónomo o alumnado realizará e preparará a defensa dunha
tradución especializada e poderá entregar
un primeiro borrador do diario de aprendizaxe (data límite: 25 de
outubro).

*A realización e entrega do diario de aprendizaxe é voluntaria. Esta pode subir ata un punto a cualificación final da materia e a data de entrega da versión final é o día 10 de decembro.

De non superar algunha das probas, o alumnado de avaliación continua poderá
repetila(s) o día do exame de avaliación única (10 de xaneiro) en primeira convocatoria.


Tanto
no caso de avaliación única como na segunda convocatoria, a avaliación
consistirá nunha proba presencial de realización de tarefas propias da tradución
profesional no ámbito dos servizos culturais (60%) e na entrega
dunha encarga de tradución profesional xustificada conforme a unhas determinadas
condicións establecidas pola docente (40%). A/o alumna/o que desexe
presentarse á avaliación única ou á segunda convocatoria deberá poñerse
en contacto coa docente un mes antes da finalización das clases (no caso
de avaliación única) ou da data oficial de exame (no caso da segunda
convocatoria) para informarse sobre as características da encarga de
tradución, que deberá entregar no día da proba de avaliación presencial
(única ou segunda convocatoria).


A copia ou plaxio será penalizado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000