Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Aplicación das destrezas e coñecementos desenvolvidos mediante as demais metodoloxías na realización de distintas tarefas propias da tradución profesional no ámbito dos servizos culturais (encargas de tradución, revisión, etc.). 50
Debates Participación activa na posta en común razoada e crítica sobre as dúbidas, inquedanzas e lagoas xurdidas no transcurso das distintas tarefas realizadas ou encargadas na clase. 10
Metodoloxías integradas Reflexión sobre a aprendixaze ao longo da materia mediante a entrega dun portafolio/relatorio seguindo as pautas explicitadas na clase. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha ou varias probas presenciais de tradución xustificada. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación: continua e única. Estes son incompatibles e hai que optar por un ou outro nas primeiras sesións. Para acollerse á avaliación continua é preciso asistir ao 80% das clases e participar en todas as actividades da materia. As metodoloxías descritas na sección "Avaliación" desta guía docente fan referencia á avaliación continua.

Tanto no caso de avaliación única como na segunda convocatoria, a avaliación realizarase durante a última semana mediante unha proba presencial de realización de tarefas propias da tradución profesional no ámbito dos servizos culturais (60%) e mediante a entrega dunha encarga de tradución profesional conforme a unhas determinadas condicións establecidas pola docente (40%). O alumno que desexe presentarse á avaliación única ou á segunda convocatoria deberá poñerse en contacto coa docente un mes antes da finalización das clases (no caso de avaliación única) ou da data oficial de exame (no caso da segunda convocatoria) para informarse sobre as características da encarga de tradución, que deberá entregar no día da proba de avaliación presencial (única ou segunda convocatoria).

A copia ou plaxio será penalizado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000