Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión de presentación da guía docente e actividades de repaso sobre conceptos básicos de tradución (que se aplicarán na materia).
Estudo de casos/análises de situacións Presentación de textos reais (folletos dun museo, páxina web dun concello, audiodescrición dunha película...) que o alumnado deberá analizar e avaliar criticamente.

Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Os alumnos traballarán os textos de forma individual ou en grupos, atendendo ás dificultades tradutolóxicas dos mesmos. Estas sesións poden desenvolverse en aula ou na biblioteca, monitorizados neste caso en tempo real a través de faitic pola profesora.
Saídas de estudo/prácticas de campo Organizaranse visitas a institucións, museos, etc. para que o alumnado vexa de primeira man as necesidades de mediación lingüística. Preténdese que destas visitas poida derivarse un proxecto real de tradución que formará parte da avaliación da materia.
Lección maxistral A profesora presentará os puntos teóricos mediante presentacións de power point. Pero serán sesións de natureza participativa nas que se espera que os alumnos interveñan con preguntas, suxestións, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000