Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da docente e do alumnado.
Posta en común dos coñecementos previos e intereses particulares sobre a materia por parte do alumnado.
Repaso das fontes de documentación útiles para a tradución nos servizos culturais entre inglés e galego.
Estudo de casos/análises de situacións Simulación de situacións reais de tradución e toma de decisións por parte de alumnado sobre os numerosos factores que inflúen na realización dun traballo de tradución de calidade (relación co cliente, prazos, formato, función, pasos previos ou posteriores, planificación, revisión, traballo en equipo...).
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Detección, investigación, resolución e xustificación dos numerosos casos e tipos de problemas de tradución que poden xurdir na tradución dos distintos exemplos e tipoloxías de textos propostos na clase.
Debates Posta en común razoada e crítica sobre as dúbidas, inquedanzas e lagoas xurdidas no transcurso das distintas tarefas realizadas ou encargadas na clase.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a charlas, mesas redondas e actividades culturais relacionadas co ámbito de especialidade da materia.
Metodoloxías integradas Aplicación das destrezas e coñecementos desenvolvidos mediante as demais metodoloxías na realización de distintas tarefas propias da tradución profesional no ámbito dos servizos culturais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000