Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Inglés-Galego
   Contidos
Tema Subtema
Os servizos culturais: diversidade de textos e contextos A cultura e os servizos culturais: realidades, necesidades e posibilidades de tradución entre o inglés e o galego.
Achegamento e recoñecemento da diversidade e amplitude do universo dos servizos culturais (turismo, artes, divulgación, relacións internacionais, organización de actos e congresos, sociedade civil, ámbito institucional...) e das políticas culturais e os seus axentes (representantes e xestores públicos, empresas, fundacións, ONG, responsables internacionais e locais...).
Identificación e análise contrastiva e tradutiva dos usos e convencións das linguas inglesa e galega no eido dos servizos culturais. Exemplos de tipoloxías textuais das distintas disciplinas artísticas e industrias culturais (arquitectura, artes, turismo, medios de comunicación, literatura, etc.): páxinas web, folletos divulgativos e publicitarios, textos institucionais e académicos, técnicos, epistolares, obras de teatro, poemas, cancións, entrevistas, etc.

Recursos para a tradución inglés-galego nos servizos culturais Terminoloxía, aplicacións, programas de apoio, ferramentas informáticas, documentación, recursos humanos.
A xestión e planificación do traballo de tradución nos servizos culturais: decisións que inflúen na calidade e procedementos habituais do sector Recreación do proceso de aceptación, xestión e realización dunha tradución no ámbito profesional (relación co cliente, prazos, formato, función, pasos previos ou posteriores, planificación, revisión, traballo en equipo...).
Crítica e xustificación das decisións que se toman ao longo do proceso de planificación e xestión dunha tradución no ámbito dos servizos culturais.
Tradución de textos do ámbito dos servizos culturais Encargas e realización individual e colectiva de traballos de tradución reais ou textos susceptibles de seren traducidos no ámbito profesional.
Os factores que inflúen no trasvase intercultural, o propósito da tradución, as implicacións artísticas, as limitacións de formato, o paratexto.
A adaptación, a tradución á vista.
Crítica e xustificación das decisións que se toman ao longo do proceso de realización dunha tradución no ámbito dos servizos culturais, desenvolvemento da pericia.
A revisión e corrección de textos: procedementos habituais do sector Os símbolos de corrección, o alcance da revisión, tipos de revisión, o formato da revisión, a corrección lingüística e a revisión tradutora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000