Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación V: Informática avanzada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Tres prácticas sobre o primeiro bloque de edición, tradución de textos e xestión terminolóxica (20% da nota cada unha), das que o contido e as condicións quedarán especificadas en Faitic: 60% da nota

Dúas prácticas sobre o segundo bloque de localización (20% da nota cada unha), das que o contido e condicións quedarán especificadas en Faitic: 40% da nota
100 A1
A2
A3
A4
C10
C11
C17
C18
C19
C21
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No inicio do curso, cada estudante poderá escoller entre acollerse a:
1) un sistema de avaliación progresivo e acumulativo, a partir da resolución das encomendas prácticas e a entrega dun exercicio obrigatorio ou
2) un sistema de avaliación única cun único exame.
As prácticas serán ao acabar o período lectivo asignado a cada tema.
A proba de avaliación única realizarase na data que determine o calendario institucional. Constará de dúas partes: na primeira será avaliado o coñecemento dos contidos propios da materia a partir dunha batería de preguntas curtas; na segunda, na sala de ordenadores, será avaliada a pericia no uso das tecnoloxías presentadas na materia. O exame da convocatoria extraordinaria terá as mesmas características que o exame de avaliación única.
Os alumnos que non aproben a materia en xaneiro presentaranse en xullo ás partes que teñan suspensas.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nese exercicio ou proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade a este respecto.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas ns que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000