Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación V: Informática avanzada
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Práctica sobre tecnologias de proósito geral (25%)
Prática sobre localización de páxinas web (25%)
Práctica sobre localización de software (25%)
75
Cartafol/dossier Avaliación de dossier elaborado cos materiais resultados do proceso de aprendizaxe 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No inicio do curso, cada estudante poderá escoller entre acollerse a 1) un sistema de avaliación progresivo e acumulativo, a partir da resolución das ecomendas prácticas e da elaboración do dossier-memoria, que requerirá un 80% de asistencia ás aulas; 2) un sistema de avaliación única (embora non se recomende, dadas as características desta disciplina e as directrices xerais que harmonizan os procesos de avaliación no Espazo Europeo de Educación Superior) con exame único. A proba final decorrerá, en calquera caso, na penúltima semana lectiva que determine o calendario institucional. Constará de 2 partes: na primeira, escrita, será avaliado o coñecimento dos contidos propios da materia a partir dunha batería de preguntas curtas; na segunda, en sala de computadores, será avaliada a pericia no uso das tecnoloxías presentadas na materia. O exame da convocatoria extraordinaria de xullo terá as mesmas características que o exame único. A entrega das tres encomendas práticas terá lugar na última sexta-feira lectiva de cada mes de docencia. A última entrega coincidirá coa do cartafol con resultados da aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000