Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación V: Informática avanzada
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen e metodoloxías docentes que se modifican

De maneira xeral, no caso de impartición da docencia en modalidade non presencial, a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Moovi como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

No que atinxe ao plan de continxencia sobre a modalidade mixta, en particular, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

De maneira xeral, no que atinxe ás titorías, ademais de presencialmente, as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico; videoconferencia a través de Skype, Zoom, Teams, do despacho virtual do Campus Remoto, etc.; foros de Moovi...) baixo a modalidade de concertación previa.

* Modificacións (se proceder) dos contidos que se van impartir

En caso de ter que adoptar medidas excepcionais que afecten á presencialidade da materia, por tal como está estruturada a materia, illo non vai afectar aos contidos da mesma.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

Non se require.

* Outras modificacións

Non proceden.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Non procede ningún tipo de adaptación da avaliación, agás, de ser preciso, do uso de medios telemáticos para a mesma.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000