Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada lingua A1-lingua A2
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Cada estudante debe subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lle
encomende, sexan exercicios, resumos, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirá e puntuará dúas das tarefas propostas (a mesma para todo o alumnado do curso).
20
Outros Avalíase a actitude participativa en clase, en titorías, en foros e a realización de probas de autoavaliación. 5
Probas de resposta curta O estudantado desenvolverá unha proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos teóricos mínimos establecidos. Debe responder axeitadamente o 60%. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 20
Estudo de casos/análise de situacións Os estudantes organizados en grupo terán que resolver un caso que lle presente a docente (10%). O traballo debe ser presentado en público, polo que recibirá unha cualificación do (5%). 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na última semana do cuadrimestre (17-21 de decembro de 2012) o alumnado desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución,en ambas as direccións dun texto breve (sobre 250 palabras). A data exacta da proba anunciarase con suficiente antelación a todo o estudantado matriculado na materia. Para o desenvolvemento desta proba permítese o uso de material. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


AVALIACIÓN CONTINUA:


As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse unicamente ao sistema de avaliación continua. Para se acolleren a esta modalidade é obrigada:


- a asistencia a clase nun 80% do curso, agás situacións excepcionais, comunicadas á docente razoada e xustificadamente


- a entrega dentro do prazo fixado do 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas


que non teñen peso na cualificación final.


ESIXENCIAS DO SISTEMA DE AVALIACIÓN ÚNICA:


Os estudantes que non se acollan ao sistema de avaliación continua deberán presentarse a un exame final que


suporá o 100% da cualificación final e que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):


1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos e sobre o libro de lectura obrigatoria (40%). Para superar a proba cómpre acadar 6 puntos/10.


2. Proba práctica de tradución dun texto breve de español a galego (40%)


3. Proba práctica de tradución dun texto breve de galego a español (20%)


Para o desenvolvemento do exame teórico non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Aa probas prácticas entregaranse manuscritas en papel, para a súa resolución permítese a utilización de fontes documentais en soporte papel ou telemáticas.


O exame final terá lugar na útima semana do curso (17-21 de decembro de 2012). A través da plataforma TEMA (faitic) anunciarase a data e hora precisa con suficiente antelación.


SEGUNDA CONVOCATORIA


Para superaren a materia en segunda convocatoria (xullo), os discentes deberán aprobar un exame, que terá lugar na data oficial prevista polo Decanato do centro. Este exame suxéitase ás mesmas condicións cá proba de avaliación única.


Para superar a materia é preciso aprobar cada unha das partes do exame de avaliación única e segunda convocatoria. Excepcionalmente, poderá acordarse que o alumnado que non supere unha parte concreta recupere só esa parte en segunda convocatoria.


PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO


NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN


ELIXIDO.


En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de


avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:


- Cometan máis de dúas faltas graves de ortografía.


- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).


- Incorran en plaxio total ou parcialmente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000