AVALIACIÓN CONTINUA:
As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse unicamente ao sistema de avaliación continua. Para se acolleren a esta modalidade é obrigada:
- a asistencia a clase nun 80% do curso, agás situacións excepcionais, comunicadas á docente razoada e xustificadamente
- a entrega dentro do prazo fixado do 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas
que non teñen peso na cualificación final.
ESIXENCIAS DO SISTEMA DE AVALIACIÓN ÚNICA:
Os estudantes que non se acollan ao sistema de avaliación continua deberán presentarse a un exame final que
suporá o 100% da cualificación final e que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):
1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos e sobre o libro de lectura obrigatoria (40%). Para superar a proba cómpre acadar 6 puntos/10.
2. Proba práctica de tradución dun texto breve de español a galego (40%)
3. Proba práctica de tradución dun texto breve de galego a español (20%)
Para o desenvolvemento do exame teórico non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Aa probas prácticas entregaranse manuscritas en papel, para a súa resolución permítese a utilización de fontes documentais en soporte papel ou telemáticas.
O exame final terá lugar na útima semana do curso (17-21 de decembro de 2012). A través da plataforma TEMA (faitic) anunciarase a data e hora precisa con suficiente antelación.
SEGUNDA CONVOCATORIA
Para superaren a materia en segunda convocatoria (xullo), os discentes deberán aprobar un exame, que terá lugar na data oficial prevista polo Decanato do centro. Este exame suxéitase ás mesmas condicións cá proba de avaliación única.
Para superar a materia é preciso aprobar cada unha das partes do exame de avaliación única e segunda convocatoria. Excepcionalmente, poderá acordarse que o alumnado que non supere unha parte concreta recupere só esa parte en segunda convocatoria.
PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO
NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN
ELIXIDO.
En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de
avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:
- Cometan máis de dúas faltas graves de ortografía.
- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).
- Incorran en plaxio total ou parcialmente. |