Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada lingua A1-lingua A2
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias As actividades introdutorias teñen dous obxectivos: presentar a materia ao alumnado e reunir información sobre o alumnado para avaliar a situación de partida.
Sesión maxistral Exposición por parte da docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividade en que se formulan exercicios ou encomendas relacionados coa materia. O alumnado, de maneira individual ou en grupo, debe resolver adecuadamente a tarefa encomendada aplicando procedementos e estratexias adecuados. Esta metodoloxía inclúe tamén traballo na aula.
Proxectos Realización de actividades que enfrontan ao alumnado, traballando en equipo ou individualmente, a problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais.
Presentacións/exposicións O alumnado organizado en grupo debe realizar unha presentación razoada das dificultades de redacción e posterior tradución dun documento.
Outros O alumnado debe manter unha actitude participativa para fomentar a aprendizaxe activa a través da participación en clase, en titorías, en foros e a realización de probas de autoavaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000