Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada lingua A1-lingua A2
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Tradución especializada lingua A1-lingua A2 Código V01G230V01930
Titulacion
Grao en Tradución e Interpretación
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Varela Vila, Tamara
Correo-e tvarela@uvigo.es
Profesorado
Varela Vila, Tamara
Web
Descrición xeral Trátase dunha materia optativa que complementa a formación de futuras/os tradutoras/es e intérpretes que se inserirán proximamente no mundo profesional. Está orientada tanto ao traballo no seo dos servizos de tradución públicos (servizos lingüísticos responsables da tradución de publicacións oficiais: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial do Estado, boletíns oficiais da provincia etcétera) e servizos de normalización lingüística (principalmente os servizos municipais), coma ao traballo autónomo das e dos profesionais que traballen para axencias de tradución ou por conta propia. Os seus textos son obxecto de encarga de tradución frecuentemente no mercado profesional.
Trabállase a tradución en ambas as direccións, especialmente a tradución cara ao galego.
Para o seguemento eficaz e produtivo desta materia recoméndase un nivel C2 do MCER.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000