Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Frances-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia
acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia.
Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a
encomenda de cuestionarios ou resumos de lecturas de artigos ou capítulos de libros sobre a materia.
O alumnado deberá realizar varias lecturas obrigatorias que se indicarán
nas sesións presenciais de clase y que se poden descargar da plataforma
Moovi. As lecturas serán avaliadas mediante proba de
resposta curta.
10 A1
A2
A3
C1
C2
C3
C4
C8
C18
C21
C25
C32
C33
D10
D15
D17
Resolución de problemas de forma autónoma Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa
competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten de
dificultades de tradución, análise de tradución... Terase especialmente en
conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto
escritos como orais e a súa participación activa nas clases.
30 A1
A3
A4
D4
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D17
D18
D22
D23
D24
Traballo tutelado O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual o traballo
encomendado a comezos de curso.
15 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C8
C12
C25
C30
C32
C33
Presentación O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual o traballo
encomendado a comezos de curso.
10 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C8
C12
C25
C30
C32
C33
Aprendizaxe baseado en proxectos Neste apartado, entragaránselle ao alumnado textos para seren
traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
Haberá prazos de entrega de encargas de tradución.
35 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C3
C4
C33
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para o alumnado que segue a modalidade presencial, todas as probas realizadas son de caráter obrigatorio, así como a
elaboración do traballo cuxa data límite de entrega é marzo-abril. 

O alumnado deberá superar todas as probas para poder
acadar o aprobado. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte da materia na data do exame
oficial da convocatoria de xullo. 
A avaliación continua e única son incompatibles.
Para o alumnado que se acolla a sistema non presencial ou que perda a presencialidade, haberá dúas convocatorias de
exame: unha en maio (data oficial publicada na web da FFT que coincide coa proba de resposta curta do alumnado que
segue a avaliación continua), e en xullo na data fixada polo centro. 
O exame final de maio e xullo consistirá na realización dunha encarga de tradución comentada (dende o francés cara ao castelán), así como unha proba de resposta curta sobre as lecturas e os contidos teóricos impartidos ao longo do curso.
Deberá superar as dúa probas.
Penalízase a copia ou plaxio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000