Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de cuestionarios ou resumos de artigos sobre a materia. 10 A1
A2
A3
C1
C2
C3
C4
C8
C17
C18
C24
C30
C32
C33
D1
D2
D7
D9
D10
D15
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten de dificultades de tradución, análise de tradución... Terase especialmente en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos como orais e a súa participación activa nas clases. 30 A1
A3
A4
C33
D4
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D18
D22
D23
D24
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual o traballo encomendado a comezos de curso. 15 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C8
C12
C25
C30
C32
C33
D10
D14
D17
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entragaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
Haberá prazos de entrega de encargas de tradución.
35 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C3
C4
C33
D17
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler varios artigos ou capítulos de libros obrigatorios (cf. bibliografía) que serán avaliados cunha proba de resposta curta 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para o alumnado que segue a modalidade presencial, todas as probas realizadas son de caráter obrigatorio, así como a elaboración do traballo cuxa data límite de entrega é marzo de 2016. O alumnado deberá superar todas as probas para poder acadar o aprobado. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte da materia na data do exame oficial da convocatoria de xullo.

A avaliación continua e única son incompatibles.

O alumnado que suspenda a avaliación de maio deberá presentarse á convocatoria de xullo que incluirá todos os contidos da materia.

Para o alumnado que se acolla a sistema non presencial ou que perda a presencialidade, haberá dúas convocatorias de exame: unha en abril (data que coincide coa proba de resposta curta do alumnado que segue a avaliación continua), e en xullo na data fixada polo centro.

O exame final de abril e xullo consistirá na realización dun traballo de tradución (dende o francés cara ao galego), así como dunha proba de resposta curta sobre os contidos teóricos impartidos ao longo do curso. Deberá superar as dúa probas.

Penalízase a copia ou plaxio.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000