Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de cuestionarios ou resumos de artigos sobre a materia. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten de dificultades de tradución, análise de tradución... Terase especialmente en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos como orais e a súa participación activa nas clases. 30
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual o traballo encomendado a comezos de curso. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entragaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
Haberá prazos de entrega de encargas de tradución.
35
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler varios artigos ou capítulos de libros obrigatorios (cf. bibliografía) que serán avaliados cunha proba de resposta curta 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para o alumnado que segue a modalidade presencial, todas as probas realizadas son de caráter obrigatorio, así como a elaboración do traballo cuxa data límite de entrega é o 11 de
marzo de 2015. O alumnado deberá superar todas as probas para poder acadar o aprobado. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte da materia na data do exame oficial da convocatoria de xullo.

A avaliación continua e única son incompatibles.

O alumnado que suspenda a avaliación de maio deberá presentarse á convocatoria de xullo que incluirá todos os contidos da materia.

Para o alumnado que se acolla a sistema non presencial ou que perda a presencialidade, haberá dúas convocatorias de exame: o día 27 de abril (data que coincide coa proba de resposta curta do alumnado que segue a avaliación continua), e en xullo na data fixada polo centro.

O exame final de abril e xullo consistirá na realización dun traballo de tradución (dende o francés cara ao galego), así como dunha proba de resposta curta sobre os contidos teóricos impartidos ao longo do curso. Deberá superar as dúa probas.

Penalízase a copia ou plaxio.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000