Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten de dificultades de tradución, análise de tradución... Terase especialmente en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos como orais e a súa participación activa nas clases. |
30 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Neste apartado, entragaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
Haberá prazos de entrega de encargas de tradución. |
35 |
Para o alumnado que segue a modalidade presencial, todas as probas realizadas son de caráter obrigatorio, así como a elaboración do traballo cuxa data límite de entrega é o 11 de
marzo de 2015. O alumnado deberá superar todas as probas para poder acadar o aprobado. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte da materia na data do exame oficial da convocatoria de xullo. A avaliación continua e única son incompatibles. O alumnado que suspenda a avaliación de maio deberá presentarse á convocatoria de xullo que incluirá todos os contidos da materia. Para o alumnado que se acolla a sistema non presencial ou que perda a presencialidade, haberá dúas convocatorias de exame: o día 27 de abril (data que coincide coa proba de resposta curta do alumnado que segue a avaliación continua), e en xullo na data fixada polo centro. O exame final de abril e xullo consistirá na realización dun traballo de tradución (dende o francés cara ao galego), así como dunha proba de resposta curta sobre os contidos teóricos impartidos ao longo do curso. Deberá superar as dúa probas. Penalízase a copia ou plaxio. |