Actividades introdutorias |
Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación |
Sesión maxistral |
As 7 horas de sesión maxistral destinaranse a presentar a situación da tradución editorial no Estado español e en Galicia e a explicar o proceso tradutivo. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico. |
Traballos tutelados |
O alumnado deberá realizar un traballo sobre algún dos aspectos presentados nas clases maxistrais, que será tutelado pola docente. Durante as dúas horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumno realizará encargas de tradución editorial e coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para acadar un traballo de tradución de calidade. |