Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación
Sesión maxistral As 7 horas de sesión maxistral destinaranse a presentar a situación da tradución editorial no Estado español e en Galicia e a explicar o proceso tradutivo. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Neste apartado de 25 horas, realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais, resolución de problemas (dificultades de tradución) e todo tipo de exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un traballo sobre algún dos aspectos presentados nas clases maxistrais, que será tutelado pola docente. Durante as dúas horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentacións/exposicións Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará de xeito individual os resultados do seu traballo na clase.
Prácticas autónomas a través de TIC Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumno realizará encargas de tradución editorial e coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para acadar un traballo de tradución de calidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000