Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grado en Traducción e Interpretación
 Asignaturas
  Traducción editorial idioma 1: Francés-Gallego
   Metodologías
Metodologías   ::  Guia de metodologias docentes
  Descripción
Actividades introductorias Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación
Sesión magistral As 7 horas de sesión maxistral destinaranse a presentar a situación da tradución editorial no Estado español e en Galicia e a explicar o proceso tradutivo. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas y/o ejercicios de forma autónoma Neste apartado de 25 horas, realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais, resolución de problemas (dificultades de tradución) e todo tipo de exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Trabajos tutelados O alumnado deberá realizar un traballo sobre algún dos aspectos presentados nas clases maxistrais, que será tutelado pola docente. Durante as dúas horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentaciones/exposiciones Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará de xeito individual os resultados do seu traballo na clase.
Prácticas autónomas a través de TIC Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumno realizará encargas de tradución editorial e coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para acadar un traballo de tradución de calidade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000