Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Actividades sobre a novela obrigatoria (10 % ). Data de entrega: 14 de febreiro. Actividades semanais (resumos de lecturas, exposicións...).
10 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C5
C8
C10
C11
C15
C18
C21
C22
C27
D6
D7
D9
D10
D16
D23
Traballo tutelado Dúas encomendas de tradución: tradución e comentario crítico tradutolóxico. Cada encomenda suporá un 25 % da nota.
Datas de entrega: 13 de marzo e 17 de abril.
O estudantado ten que aprobar polo menos unha das encomendas para aprobar a materia.
50 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C5
C8
C12
C15
C17
C18
C21
C22
C25
C27
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D13
D14
D16
D18
D23
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final da materia que constará de dúas partes.
Parte práctica: tradución (con fontes telemáticas) dun fragmento dunha das obras traballadas na clase. Realizarase na última semana de curso, en horario de clase. Incluirá un breve comentario xustificativo da proposta da tradución.
Parte teórico-práctica: comentario crítico evaluación dunha tradución dun fragmento dunha obra traballada nas clases. A proba realizarase na data oficial fixada pola FFT.
O estudantado ten que aprobar as dúas partes para aprobar a materia (20 % cada unha).
40 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C5
C18
C22
D4
D9
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todo o alumnado ten que ler unha novela escrita orixinalmente en inglés.

ALUMNADO DE AVALIACIÓN CONTINUA:
O alumnado que segue a avaliación continua debe entregar en prazo (en Moovi) todas as probas e tarefas avaliables. As datas poden modificarse se fose absolutamente necesario (sempre previa consulta co profesorado). A asistencia ás clases e a participación activa nas tarefas non availables terase en conta na nota final. Para este alumnado na convocatoria de xullo manteránse as notas aprobadas na convocatoria de maio/xuño, cando unha das encomendas estea aprobada. No caso contario, en xullo terá que facer a proba única co 100 % da nota final.

ALUMNADO DE AVALIACIÓN ÚNICA:

O alumnado de avaliación única terá dúas convocatorias de exame: maio-xuño e xullo, nas datas oficiais da FFT. O exame consistirá nunha tradución con comentario crítico (5 puntos; pódense usar fontes telemáticas) e nunha proba teórica (5 puntos), que consistirá nunha análise contrastiva texto fonte-texto meta dun texto literario e cuestións teóricas da materia, incluíndo as lecturas e a novela obrigatoria. Non se permitirá empregar materiais auxiliares nin ordenador na parte das cuestións teóricas. Os textos serán fragmentos das obras traballadas na materia (encomendas incluídas). Deberá superar as dúas probas da materia. Non se gardarán partes aprobadas para xullo.

As tarefas poden entregarse en calquera das dúas linguas (inglés ou español). A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000