Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A) Entrega de actividades sobre a lectura obrigatoria. 10%.
B) Entrega en grupos de dúas tarefas: análise contrastiva de textos traducidos (7,5%) e mercado editorial, normas e proposta de tradución (7,5%).
Porén, a alumnado ten que entregar unha tarefa sobre a novela obrigatoria para aprobar a materia.
25 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C5
C8
C10
C11
C15
C18
C21
C22
C27
D6
D7
D9
D10
D16
D23
Traballos tutelados Dúas encomendas de tradución: tradución e comentario crítico tradutolóxico. A primeira suporá o 20% da nota e a segunda o 25%.
Datas de entrega das encomendas: semana do 22 ao 26 de febreiro e semana do 4 ao 10 de abril.
45 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C5
C8
C12
C15
C17
C18
C21
C22
C25
C27
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D13
D14
D16
D18
D23
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final da materia que constará de dúas partes realizadas en sesións diferentes e cun valor de 5 puntos cada unha. O alumno deberá aprobar cada unha das partes. A primeira parte será unha tradución (con dicionarios, sen ordenador) dun fragmento dunha das obras traballadas na clase e a segunda incluirá un comentario crítico dunha tradución e cuestións teóricas que terán que estar redactadas en castelán.
Datas: últimas dúas sesións.
30 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C5
C18
C22
D4
D9
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia é presencial (80% de asistencia obrigatoria). Se o alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación deberá renunciar por escrito o primeiro mes de clase. Neste caso a cualificación será unicamente a do exame final que terá lugar nas dúas últimas sesións e que abrangará todos os contidos da materia (incluindo para estos alumnos as lecturas obrigatorias e novela obrigatoria) como se explica no parágrafo seguinte. O mesmo se aplicará ó exame de xullo.

Como consta no apartado de avaliación, o exame final terá dúas partes cun valor de 5 puntos cada unha. A primeira parte da proba será unha unha tradución (con dicionarios, sen fontes telemáticas) dun fragmento dunha das obras traballadas na clase. A segunda parte incluirá un comentario crítico contrastivo dun texto meta (con dicionarios) e o texto fonte (pertencente ás obras traballadas na clase) e cuestións teóricas sobre os contidos do temario. Todo o alumnado terá que ter aprobada cada unha das partes para aprobar a materia (aínda que os alumnos de avaliación contínua non terán que facer as preguntas sobre lecturas obrigatorias e novela obrigatoria). As datas das probas serán as mesmas que as dos alumnos de avaluación continua.

Se gardarán partes aprobadas para a convocatoria de xullo aos alumnos de avaliación continua.

Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios a cualificación será 0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000