Traballos tutelados |
Dúas encomendas de tradución: tradución e comentario crítico tradutolóxico. A primeira suporá o 20% da nota e a segunda o 25%.
Datas de entrega das encomendas: 26 de febreiro e 27 de marzo |
45 |
A materia é presencial (80% de asistencia obrigatoria). Se o alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación deberá renunciar por escrito o primeiro mes de clase. Neste caso a cualificación será unicamente a do exame final que terá lugar os días 22 e 23 de abril e que abrangará todos os contidos da materia (incluindo para estos alumnos as lecturas obrigatorias e novela obrigatoria) como se explica no parágrafo seguinte. O mesmo se aplicará ó exame de xullo.
Como consta no apartado de avaliación, o exame final terá dúas partes cun valor de 5 puntos cada unha. O martes 22 de abril de 9 a 11h desenvolverase a primeira parte da proba: unha tradución (con dicionarios, sen fontes telemáticas) dun fragmento dunha das obras traballadas na clase. A segunda parte será o mércores 23 de abril de 11 a 13h e incluirá un comentario crítico contrastivo dun texto meta (con dicionarios) e o texto fonte (pertencente ás obras traballadas na clase) e cuestións teóricas sobre os contidos do temario. Todo o alumnado terá que ter aprobada cada unha das partes para aprobar a materia. Non se gardarán partes aprobadas para a convocatoria de xullo ou outras.
Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios a cualificación será 0 |