Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios A) Entrega de actividades sobre as lecturas obrigatorias (novela e lecturas das unidades a determinar pola profesora). 10%.
B) Entrega de actividades de tradución, análise contrastiva de textos e outras tarefas. 15%.
25
Traballos tutelados Dúas encomendas de tradución: tradución e comentario crítico tradutolóxico. A primeira suporá o 20% da nota e a segunda o 25%.
Datas de entrega das encomendas: 26 de febreiro e 27 de marzo
45
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final da materia que constará de dúas partes realizadas en sesións diferentes e cun valor de 5 puntos cada unha. O alumno deberá aprobar cada unha das partes. A primeira parte será unha tradución (con dicionarios, sen ordenador) dun fragmento dunha das obras traballadas na clase e a segunda incluirá un comentario crítico dunha tradución e cuestións teóricas que terán que estar redactadas en castelán.
Datas: martes 22 de abril de 9 a 11h e mércores 23 de 11 a 13h.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia é presencial (80% de asistencia obrigatoria). Se o alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación deberá renunciar por escrito o primeiro mes de clase. Neste caso a cualificación será unicamente a do exame final que terá lugar os días 22 e 23 de abril e que abrangará todos os contidos da materia (incluindo para estos alumnos as lecturas obrigatorias e novela obrigatoria) como se explica no parágrafo seguinte. O mesmo se aplicará ó exame de xullo.


Como consta no apartado de avaliación, o exame final terá dúas partes cun valor de 5 puntos cada unha. O martes 22 de abril de 9 a 11h desenvolverase a primeira parte da proba: unha tradución (con dicionarios, sen fontes telemáticas) dun fragmento dunha das obras traballadas na clase. A segunda parte será o mércores 23 de abril de 11 a 13h e incluirá un comentario crítico contrastivo dun texto meta (con dicionarios) e o texto fonte (pertencente ás obras traballadas na clase) e cuestións teóricas sobre os contidos do temario. Todo o alumnado terá que ter aprobada cada unha das partes para aprobar a materia. Non se gardarán partes aprobadas para a convocatoria de xullo ou outras. 


Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios a cualificación será 0

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000