Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula
Participación activa nas tarefas de aula.
5
Resolución de problemas e/ou exercicios

A) Entega de actividades sobre as lecturas obrigatorias (novela e lecturas das unidades a determinar pola profesora). 10%.
B) Entrega de actividades de tradución, análise contrastiva de textos e outras tarefas. 15%.
25
Traballos tutelados

Dúas encomendas de tradución: tradución e comentario crítico tradutolóxico. Cada unha de elas suporá o 20% da nota.
40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final da materia que constará de dúas partes realizadas en sesións diferentes e cun valor de 5 puntos cada unha. A primeira parte será unha tradución (con dicionarios, sen ordenador) dun fragmento dunha das obras traballadas na clase e a segunda incluirá un comentario crítico dunha tradución e cuestións teóricas que terán que estar redactadas en castelán. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia é presencial (80% asistencia obrigatoria, salvo caso excepcionais). Se o alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación deberá renunciar por escrito o primeiro mes de clase. Neste caso a cualificación será únicamente a do exame final de xuño, que incluirá todos os contidos da materia, igual que os alumnos que se presenten ao exame de xullo. Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios a cualificación será 0.


O exame final da materia terá lugar das dúas últimas sesións (seguindo o calendario académico). As datas estarán colgadas en FAITIC. Como consta no apartado de avaliación, a proba terá dúas partes cun valor de 5 puntos cada unha. Na penúltima sesión desenvolverase a primeira parte da proba: unha tradución (con dicionarios, sen fontes telemáticas) dun fragmento dunha das obras traballadas na clase. A segunda incluirá un comentario crítico contrastivo dun texto meta (con dicionarios) e o texto fonte e cuestións teóricas sobre os contidos do temario (e as lecturas obrigatorias).  

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000