Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que se implementarán a continuación mediante diferentes tarefas e que o alumnado necesita para poder traducir os textos con eficacia e calidade.
Titoría en grupo As titorías permitirán o comentario e revisión das encomendas.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os aspectos teóricos exercitaranse mediante diferentes tarefas dun xeito invididual na casa.
Traballos de aula Diferentes tarefas que poñen en práctica os contidos e que buscan fomentar o espíritu crítico e o traballo en equipo.
Resolución de problemas e/ou exercicios Diferentes actividades de resolución de problemas de tradución en textos literarios concretos que permitan analizar e resolver os problemas de trasvase.
Traballos tutelados Dúas encomendas de tradución que constan de tradución e comentario crítico no que o alumnado xustifique as estratexias de trasvase manexadas.
Actividades introdutorias A primeira sesión presencial dedicarase a explicar os obxectivos, temario, avaliación e metodoloxía docente.
Estudos/actividades previos Todas as unidades teñen una bibliografía obrigatoria das que o alumnado terá que realizar diferentes actividades.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000