Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente á aplicación na práctica dos conceptos téoricos da materia. Estes contidos avaliaranse nas probas de tradución e corrección de traduciós. 15 C1
C2
C3
C4
C8
C10
C17
C18
C19
Resolución de problemas Avaliarase todo tipo de exercicios relacionados coa competencia tradutora. Poderán ser exercicios nos que se avalíe a autorrevisión, revisión e corrección alleas, así como a tradución (competencias practicadas durante as sesións). Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Estes contidos serán detallados e avaliados na proba presencial de exame (parte práctica). 30 C22
C24
C27
C33
D1
D2
Prácticas de laboratorio Entragaráselle ao alumnado textos para seren traducidos. O alumnado tentará simular procesos reais de traballo. Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Estes contidos avaliaranse na entrega presencial de revisión e corrección xustificadas. 30 D14
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado deberá pór na práctica os coñecemento en revisión, corrección e tradución. 25 D4
D7
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Avaliación

O alumnado ten que optar a comezos de curso por unha das dúas modalidades de avaliación: continua ou única (no caso da única, cómpre que indique (mediante envío de correo electrónico a lilianavalado@uvigo.gal) que se acolle a esa modalidade, antes do 29 de febreiro).

1 Para o alumnado que segue a avaliación continua, todas as probas propostas son obrigatorias. O alumnado deberá superar todas as probas para poder superar a materia. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte na data oficial do exame de maio-xuño.

O alumnado que suspenda a avaliación de maio-xuño poderá presentarse á convocatoria de xullo na data oficial, fixada pola Facultade, que incluirá todos os contidos da materia. Gardarase a parte aprobada para xullo no caso de habela. A avaliación continua consta das seguintes probas obrigatorias: 

-- Proba presencial de tradución (canción): a data será fixada pola docente ao longo do curso e publicada en Moovi: 40%.

-- Proba presencial de exame consistente nunha parte práctica de tradución (literatura infantil e xuvenil, 40%) e corrección (20%). Non se permitirá o uso de computador. 

En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de aprobado/a será acadada por quen supere todas e cada unha delas.

As datas fíxanse ao longo do curso e publícanse en Moovi.

2 Para o alumnado que non se acolla á avaliación continua, o de avaliación única, haberá dúas convocatorias de exame: maio-xuño (data oficial) e xullo (data oficial). O exame consistirá na realización de dúas tradución directas (inglés-galego), así como dunha proba de respostas curtas, medias ou longas sobre as lecturas que aparecen marcadas como [lectura obrigatoria] publicadas en Moovi e dispoñibles na biblioteca. Non se permitirá empregar materiais auxiliares, nin computador. Deberá superar as dúas probas para facer media. Non se gardará para xullo a parte aprobada en xuño no caso de habela.

Importante: para adherirse á avaliación única o estudantado deberá enviar un correo electrónico á docente antes de 29 de febreiro de 2024.

b) Baremo e outros comentarios

O baremo é
o seguinte:

1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2.

Os erros ortograficogramaticales, así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación.

2 Exercicio de tradución:
Sen sentido (SS): -1,00

Contrasenso (CS): -1,00

Omisións (Om): -1,00

Erro de gramática (G): -0,50

Erro de sintaxe (S): -0,50
Erro de ortografía (Ou): -0,25

Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15

Os termos de esixencia máxima para a avaliación aparecen detallados nesta guía docente. Con todo, a docente poderá suavizalos en función do seu criterio académico.

A data de revisión opcional de probas e exames indicararse a través de Moovi e será presencial. 

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

A copia
ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da
plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000