Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A avaliación das sesións maxistrais permtirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos téoricos da materia. Estes contidos avaliaranse coa entrega dun comentario ou resumo por parellas. 15 C1
C2
C3
C4
C8
C10
C17
C18
C19
Resolución de problemas Avaliarase todo tipo de exercicios relacionados coa competencia tradutora. Poderán ser exercicios nos que se avalíe a autorrevisión, revisión e corrección alleas, así como a tradución (competencias practicadas durante as sesións). Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Estes contidos serán detallados e avaliados na proba presencial de exame (parte práctica). 30 C22
C24
C27
C33
D1
D2
Prácticas de laboratorio Entragaráselle ao alumnado textos para seren traducidos. O alumnado tentará simular procesos reais de traballo. Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Estes contidos avaliaranse na entrega de revisión e corrección xustificadas dunha proba non presencial de tradución. O control da entrega farase mediante Faitic. 30 D14
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumnado deberá pór na práctica os coñecemento en revisión, corrección e tradución. 25 D4
D7
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
a) Avaliación

O alumnado ten que optar a comezos de curso por unha das dúas modalidades de avaliación: continua ou única (o alumnado que decida adherirse á avalaición única deberá transmitírllelo á docente por correo electrónico durante as dúas primeiras semanas de sesións).

1 Para o alumnado que segue a avaliación continua, todas as probas propostas son obrigatorias. O alumnado deberá superar todas as probas para poder superar a materia. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte na data oficial do exame de maio-xuño. O alumnado que suspenda a avaliación de maio-xuño poderá presentarse á convocatoria de xullo na data oficial, fixada pola Facultade, que incluirá todos os contidos da materia. Gardarase a parte aprobada para xullo no caso de habela.
A avaliación continua consta das seguintes probas obrigatorias:
-- Entrega a través de Faitic dun resumo e un comentario sobre unha norma ou un proceso de tradución profesional. A data de entrega será o 3 de abril: 15%.
-- Exame de revisión, corrección e tradución presenciais. Non se permitirá o uso de ordenador. A data fíxase para a segunda sesión da semana de 20 a 24 de marzo: 55%.
-- Proba non presencial (entrega a través de Faitic). A data fíxase para a segunda sesión da semana de 23 a 27 de marzo: 30%.

2 Para o alumnado que non se acolla á avaliación continua, o de avaliación única, haberá dúas convocatorias de exame: maio-xuño (data oficial) e xullo (data oficial). O exame consistirá na realización dun traballo de tradución directa (inglés-galego), así como dunha proba de respostas curtas e longas sobre as lecturas que aparecen marcadas como "[lectura obrigatoria]" na bibliografía. Non se permitirá empregar materiais auxiliares, nin ordenador na parte de respostas sobre lecturas. Deberá superar as dúas probas para facer media. Non se gardará para xullo a parte aprobada en xuño no caso de habela.

b) Baremo e outros comentarios











O baremo é
o seguinte:

1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2.


Os erros ortograficogramaticais, así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación.

2 Exercicio de tradución:
Sen sentido (SS): -1,00

Contrasentido (CS): -1,00

Omisións (Om): -1,00

Erro de gramática (G): -0,50

Erro de sintaxe (S): -0,50

Erro de ortografía (O): -0,25

Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000