Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permtirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos téoricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante a encomenda de realización de cuestionarios sobre lecturas de artigos ou críticas sobre a materia. 15 C1
C2
C3
C4
C8
C10
C12
C17
C18
C19
C21
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase todo tipo de exercicios relacionados coa competencia tradutora. Poderán ser exercicios que traten a autorrevisión, revisión e corrección alleas de textos traducidos nos que se insiran dificultades de tradución... Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos, como orais e a súa participación activa nas sesións. 30 C22
C24
C25
C27
C30
C32
C33
D1
D2
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente en idioma I, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. O traballo non é obrigatorio. Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos, como orais e a súa participación activa nas sesións. 0 D12
D15
D22
Prácticas de laboratorio Entragaráselle ao alumnado textos para seren traducidos. O alumnado tentará simular procesos reais de traballo. De obter apto, contará un 35% na avaliación continua. O control das entregas farase na aula na data de entrega sinalada mediante "folla de control de textos recibidos". Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos, como orais e a súa participación activa nas sesións. 35 D11
D14
D17
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler varios artigos en idioma I (cf. bibliografía) que serán avaliados mediante unha proba de resposta curta. 20 D4
D7
D8
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado ten que optar a comezos de curso por unha das dúas modalidades de avaliación:

1 Para o alumnado que segue a avaliación continua (imprescindible 80% mínimo de asistencia), todas as probas propostas son obrigatorias, agás o traballo (opcional) cuxa data de entrega será durante a primeira sesión á volta do período de traballo autónomo. O alumnado deberá superar todas as probas para poder superar a materia. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte na data do exame de maio-xuño que terá lugar na última semana lectiva, durante a derradeira sesión. O alumnado que suspenda a avaliación de maio-xuño, deberá presentarse á convocatoria de xullo na data oficial, fixada pola Facultade, que incluirá todos os contidos da materia.

3 Para o alumnado que non se acolla á avaliación continua, haberá dúas convocatorias de exame: maio-xuño (no horario e aula da última sesión e xullo (data oficial). O exame consistirá na realización dun traballo de tradución directa (inglés-galego), así como dunha proba de resposta curta sobre os contidos teóricos impartidos nas sesións. Non se permitirá empregar materiais auxiliares na proba de resposta curta, pero si na de tradución. Deberá superar as dúas probas para facer media.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000