Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A profesora presentará o programa docente, mediante explicación polo miúdo dos contidos, os traballos que cómpre realizar para as presentacións, así como as lecturas de carácter obrigatorio e mais o sistema de avaliación. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que a formule por escrito durante ou tras estas actividades introdutorias. A resposta será facilitada por escrito, a través do correo electrónico, en horario de titorías. De non haber dúbidas por escrito, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das actividades introdutorias.
Sesión maxistral As sesións maxistrais están destinadas a presentar a tradución editorial e a explicar o proceso tradutivo profesional. Malia a estaren no apartado de sesións maxistrais, a impartición será de índole participativa e sempre irá acompañada de apoio mediante soporte práctico. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que a formule por escrito durante ou tras estas actividades. A resposta será facilitada por escrito, a través do correo electrónico, en horario de titorías. De non haber dúbidas por escrito, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das sesións maxistrais.
Resolución de problemas e/ou exercicios Consistirá na resolución de exercicios de tradución de diferentes tipos de textos na modalidade editorial cos que se tentará emular o proceder profesional da tradución como proceso. Mediante estes exercicios poderán resolverse problemas (dificultades de tradución) empregando as técnicas necesarias para a corrección sobre papel e en pantalla. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que a formule por escrito durante ou tras estas actividades. A resposta será facilitada por escrito, a través do correo electrónico, en horario de titorías. De non haber dúbidas por escrito, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade da resolución de problemas e exercicios.
Traballos tutelados O alumnado poderá realizar un traballo voluntario sobre algún dos aspectos tratados nos contidos da materia presentados nas sesións maxistrais, que será explicado pola profesora. Durante a hora e media presencial dedicada a este apartado, a profesora explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo, así como realizará coa participación do alumnado unha simulación dun pre-traballo mediante proxección.
Este traballo non é obrigatorio, pero podería subir a cualificación; nunca baixala.
Presentacións/exposicións O alumnado presentará de xeito individual os resultados do seu traballo en idioma I na aula.
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará encomendas de tradución editorial, revisión e corrección dos tipos de textos mencionados no temario, emulando os dous procesos profesionais reais presentados durante as sesións. Estas encomendas realizaranse na aula. O alumnado contará co apoio do material e as fontes de consulta necesarias para acadar un produto traducido idóneo, segundo as referencias facilitadas pola profesora. Unha vez autorrevisada a tradución, a profesora procederá á súa revisión mediante a proxección das opcións de tradución que o alumnado lle facilite. Desbotaranse as non correctas e validaranse como definitivas as correctas. A continuación, o alumnado intercambiará as traducións e realizarase a revisión allea mediante cotexo coa versión validada e definitiva dispoñible na proxección. As cualificacións serán apto ou non apto. Facilitarase un modelo de baremo previamente. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que a formule por escrito durante ou tras estas actividades.A resposta será facilitada por escrito, a través do correo electrónico, en horario de titorías. De non haber dúbidas por escrito, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das prácticas de laboratorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000