Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Galego
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Tradución editorial idioma 1: Inglés-Galego Código V01G230V01926
Titulacion
Grao en Tradución e Interpretación
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua impartición
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Valado Fernández, Liliana
Correo-e lilianavalado@uvigo.es
Profesorado
Valado Fernández, Liliana
Web
Descrición xeral Materia de especialización nas teoría e práctica da tradución editorial, na combinación de inglés a galego, é dicir, tradución directa. Nesta disciplina, enténdese que a etiqueta de tradución editorial engloba todos aqueles produtos traducidos suxeitos a un proceso editorial, profesional e pautado segundo a secuenciación dos protocolos normativos internacionais (UNE-EN 15038: 2006). A tradución editorial enténdese, xa que logo, como un proceso; proceso que se lle exporá ao alumnado para que acade a calidade obxecto de avaliación en consonancia cos estándares existentes no mercado e, polo tanto, de grande utilidade para o seu futuro profesional como tradutoras e tradutores. O alumnado poderá achegarse á práctica profesional das principais modalidades de tradución editorial presentes no mercado actual, nas linguas citadas, é dicir, tradución de literatura para audiencia adulta e cativa; as principais: ensaio, poesía, prosa e teatro, malia que tamén outros produtos sometidos a edición como material publicitario e de divulgación (extractos explicativos de libros, CD, DVD...--"galletas", sinopses...--) e documentación interna de institucións internacionais. Mediante a simulación de procesos reais de tradución editorial, o alumnado poderá coñecer e/ou adquirir as competencias esixidas polo mercado profesional non só en materia de tradución, senón tamén de iniciación á edición. Os materiais empregados extraeranse de encomendas reais de tradución profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000