Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos.
20 C2
C3
C4
C7
C17
D1
D5
D15
D18
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora do ámbito audiovisual corrixidos na aula.
10 C2
C3
C4
C7
C17
D1
D5
D15
D18
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado unha encarga (ou exame) para ser traducida que tente simular situacións reais de traballo. Esta formará parte da avaliación continua. 70 C2
C3
C4
C7
C17
D1
D5
D15
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. En caso de aprobar todas as probas con nota igual ou superior a 5/10, considerarase que o alumnado aprobou a avaliación continua. Non se fai nota media. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria de xullo.

O alumnado que non siga a avaliación continua deberá realizar un exame a finais do cuadrimestre (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente, así como das lecturas obrigatorias.

O exame da convocatoria de maio (avaliación única) e de xullo consistirá na realización dunha tradución do francés ao galego dun texto audiovisual (que contará o 70% da nota), así como do control das lecturas obrigatorias (que contará o 30% da nota). As faltas de ortografía penalizaranse con 1 punto/erro.

Datas das probas:


- Avaliación continua:

- Proba de teoría: Na décima semana

- Proba tradución audiovisual: Penúltima semana de docencia

- Avaliación única: Última semana de docencia

O que suspenda a convocatoria de maio, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo.

Penalizarase a copia ou plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000