Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos.
20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora do ámbito audiovisual corrixidos na aula.
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado dúas encargas para seren traducidas que tenten simular situacións reais de traballo. Estas formarán parte da avaliación continua. Os dúas encargas han de aprobarse. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar o profesorado por escrito nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. En todo caso, para poder seguila, debe asistir cando menos ao 80% de horas presenciais. En caso de aprobar todas as probas con nota igual ou superior a 5/10, considerarase que o alumnado aprobou a avaliación continua. Non se fai nota media. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria de xullo.

O alumnado que non siga a avaliación continua deberá realizar un exame a finais do cuadrimestre (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente, así como das lecturas obrigatorias.

O exame da convocatoria de maio e de xullo consistirá na realización dunha tradución do francés ao galego dun texto audiovisual (que contará o 70% da nota), así como do control das lecturas obrigatorias (que contará o 30% da nota). As faltas de ortografía penalizaranse con 1 punto/erro.

Datas das probas:


- Avaliación continua:


- Proba de teoría: Martes, 17 de marzo de 2015.

- Proba tradución para a subtitulación: Luns, 6 de abril de 2015

- Proba tradución para a dobraxe: Martes, 21 de abril de 2015

- Avaliación única: Luns, 27 de abril de 2015

O que suspenda a convocatoria de maio, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo.

Penalizarase a copia ou plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000