O alumnado deberá informar o profesorado por escrito nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. En todo caso, para poder seguila, debe asistir cando menos ao 80% de horas presenciais. En caso de aprobar todas as probas con nota igual ou superior a 5/10, considerarase que o alumnado aprobou a avaliación continua. Non se fai nota media. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria de xullo. O alumnado que non siga a avaliación continua deberá realizar un exame final en maio (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente, así como das lecturas obrigatorias. O exame da convocatoria de maio e de xullo consistirá na realización dunha tradución do francés ao galego dun texto audiovisual (que contará o 70% da nota), así como do control das lecturas obrigatorias (que contará o 30% da nota). As faltas de ortografía penalizaranse con 1 punto/erro. Datas das probas: - Avaliación continua: - Proba teoría: Luns, 17 de febreiro de 2014 - Proba tradución para a dobraxe: Luns, 25 de marzo de 2014 - Proba tradución para a subtitulación: Martes, 22 de abril de 2014 - Avaliación única: Martes, 29 de abril de 2014 O que suspenda a convocatoria de maio, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo. Penalizarase a copia ou plaxio. |