Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora do ámbito audiovisual corrixidos na aula.
|
10 |
O alumnado deberá informar o profesorado por escrito nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. En todo caso, para poder seguila, debe asistir cando menos ao 80% de horas presenciais. En caso de aprobar todas as probas con nota igual ou superior a 5/10, considerarase que o alumnado aprobou a avaliación continua. Non se fai nota media. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria de xullo.
O alumnado que non siga a avaliación continua deberá realizar un exame final en maio (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente, así como das lecturas obrigatorias. O exame será na última semana de clase no horario asignado á materia.
O exame da convocatoria de maio e de xullo consistirá na realización dunha tradución do francés ao galego dun texto audiovisual (que contará o 70% da nota), así como do control das lecturas obrigatorias (que contará o 30% da nota). As faltas de ortografía penalizaranse con 1 punto/erro.
O que suspenda a convocatoria de maio, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo.
Penalizarase a copia ou plaxio. |