Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Proba de resposta curta dos contidos teóricos da materia. Para que faga media, hai que sacar un mínimo de 5 nesta proba.
DATA: penúltima ou última semana de clase.
30 C3
C4
C9
D15
D22
Traballos e proxectos Realizaranse dúas entregas, unha de subtitulado e outra de dobraxe.
As datas de entrega fixaranse en clase, atendendo ao calendario, ao ritmo de impartición dos contidos e a unha distribución racional da carga de traballo.
Como datas orientativas: o traballo de subtitulado entregarase a semana 9 e o de dobraxe a 13.
70 C2
C3
C4
C5
C8
C9
C13
C14
C17
C18
D2
D5
D6
D7
D8
D12
D14
D16
D17
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (as probas e porcentaxes da avaliación continua son os arriba indicados). No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día en que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, para ser avaliado na primeira edición de actas deberá ir á avaliación única na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. A proba consistirá en: un exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de subtitulado (35%) e outro de dobraxe (35%). Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

O alumno que siga o sistema de avaliación continua e non alcance a nota mínima presentarase en xullo ás partes non superadas na data indicada no calendario de exames. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a convocatoria de xullo.

Os alumnos que sigan a avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que consistirá en: un exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de subtitulado (35%) e outro de dobraxe (35%). Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes. 

Todas as probas realizaranse na
lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

É responsabilidade do alumno consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

ALUMNADO ERASMUS

Requírese un nivel B2 de lingua A español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000