Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Aprendizaxe baseado en proxectos Dúas encomendas de tradución (vid. metodoloxía docente), unha de subtitulación e outra de dobraxe. As datas de entrega fixaranse na clase e publicaranse en Moovi, atendendo o calendario e procurando unha distribución racional da carga de traballo. 60 CE2
CE3
CE4
CE8
CE9
CE14
CE17
CT1
CT5
CT6
CT7
CT12
CT22
Resolución de problemas Encomendas de dobraxe e subtitulación, problemas de dobraxe e subtitulación, lecturas, etc. que serán entregadas a través de Moovi. 20 CE2
CE3
CE4
CE8
CE9
CE14
CE17
CT1
CT5
CT6
CT7
CT22
Exame de preguntas obxectivas Proba de resposta curta ou tipo test dos contidos teóricos da materia. Constará dunha parte teórica pura (non se poderá usar ningún material) e dunha parte teórico-práctica (estudos de caso de dobraxe ou subtitulación); para esta última parte o alumnado poderá empregar todo tipo de material e ordenador. Entregaráselle despois de que o estudante entregue a parte teórica. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
**PODERANSE DESCONTAR ATA 2 PUNTOS POR FALTA DE ORTOGRAFÍA EN CALQUERA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADAS ARRIBA.

-------------------------------------------

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

Dous sistema de avaliación:

1 Presencial e avaliación continua (as probas e porcentaxes de avaliación son os arriba indicados: exame presencial (60%) de teoría e tradución (dobraxe e subtitulación) e 2 encomendas (40%) a través de Moovi (dobraxe e subtitulación). As datas das probas serán fixadas pola docente ao longo do curso e publicadas en Moovi.  

No caso da avaliación continua, a asistencia non é obrigatoria, pero a docente poderá establecer outros sistemas de control da participación do estudantado (traballos de curso con prazos en Moovi, etc). 

 

2 Non presencial e avaliación única: exame de teoría (30%) e práctica (70%: dobraxe --35%-- e subtitulación --35%--)

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

O/A alumno/a que siga o sistema de avaliación continua e non acade a nota mínima presentarase en xullo ás partes non superadas na data indicada no calendario de exames. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a convocatoria de xullo.

Os/as alumnos/as que sigan a avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que terá as mesmas partes e condicións que o exame de avaliación única da primeira edición de actas.

Todas as probas realizaranse na lingua termo da combinación da materia.

Respecto á avaliación, se se detecta plaxio (total ou parcial), a cualificación será 0.

É responsabilidade do/da alumno/a consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

**Esta materia NON se recomenda para ALUMNADO ERASMUS.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000