Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Dúas encomendas de tradución (vid. metodoloxía docente), unha de subtitulado e outra de dobraxe. As datas de entrega fixaranse na clase e publicaranse en faitic, atendendo ao calendario e procurando unha distribución racional da carga de traballo. 60 C2
C3
C4
C8
C9
C14
C17
D1
D5
D6
D7
D12
D22
Resolución de problemas Asistencia habitual ás sesións presenciais e participación activa, que require a preparación previa dos exercicios propostos. Entrega de todos os traballos e exercicios de clase que a profesora demande. 20 C2
C3
C4
C8
C9
C14
C17
D1
D5
D6
D7
D22
Outras Proba de resposta curta dos contidos teóricos da materia (preguntas tipo test ou pequeno desenvolvemento). Constará dunha parte teórica (non se poderá usar ningún material) e dunha práctica (pódese usar material, agás correo electrónico). A parte práctica que pode adoptar a forma de traducións de microtextos con problemas específicos de TAV ou análise dalgún caso proposto.
Para que faga media, hai que sacar un mínimo de 5 nesta proba.
A data do exame final será consensuada en clase coa profesora.
20 C2
C3
C4
C8
C9
C17
C28
D1
D6
D7
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

O alumno que siga o sistema de avaliación continua e non alcance a nota
mínima presentarase en xullo ás partes non superadas na data indicada no
calendario de exames. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a
convocatoria de xullo.

Os alumnos que sigan a avaliación única e non superen a materia na primeira
edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que terá as mesmas partes e condicións que o exame de avaliación única de maio.

Todas as probas se realizarán na lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes
(ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

É responsabilidade do alumno consultar os materiais e novidades a través da
plataforma de teledocencia FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar.

**Esta materia NON se recomenda para ALUMNADO ERASMUS.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000