Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos Dúas encomendas de tradución (vid. metodoloxía docente), unha de subtitulado e outra de dobraxe. As datas de entrega fixaranse na clase e publicaranse en faitic, atendendo ao calendario e procurando unha distribución racional da carga de traballo. 70 C2
C3
C4
C8
C9
C14
C17
D1
D5
D6
D7
D12
D22
Outras Proba de resposta curta dos contidos teóricos da materia (preguntas tipo test ou pequeno desenvolvemento). Constará dunha parte teórica (non se poderá usar ningún material) e dunha práctica (pódese usar material, agás correo electrónico). A parte práctica que pode adoptar a forma de traducións de microtextos con problemas específicos de TAV ou análise dalgún caso proposto.
Para que faga media, hai que sacar un mínimo de 5 nesta proba.
A data do exame final será consensuada en clase coa profesora.
30 C2
C3
C4
C8
C9
C17
C28
D1
D6
D7
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:



Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (as probas e
porcentaxes da avaliación continua son os arriba indicados). No entanto, se
algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de
avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día en que se matricule
un xustificante especificando este particular. Nese caso, para ser avaliado na
primeira edición de actas deberá ir á avaliación única na data consensuada co alumnado de avaliación continua e anunciada en Faitic (normalmente a última ou penúltima semana de docencia). A proba consistirá en: un
exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de subtitulado (35%) e outro de
dobraxe (35%). Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes.



SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

O alumno que siga o sistema de avaliación continua e non alcance a nota
mínima presentarase en xullo ás partes non superadas na data indicada no
calendario de exames. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a
convocatoria de xullo.

Os alumnos que sigan a avaliación única e non superen a materia na primeira
edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que
consistirá en: un exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de
subtitulado (35%) e outro de dobraxe (35%). Para superar a materia é necesario
aprobar as tres partes. 

Todas as probas se realizarán na lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes
(ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

É responsabilidade do alumno consultar os materiais e novidades a través da
plataforma de teledocencia FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar.

**Esta materia NON se recomenda para ALUMNADO ERASMUS.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000