Resolución de problemas e/ou exercicios |
Asistencia habitual ás sesións presenciais e participación activa, que require a preparación previa dos exercicios propostos. Entrega de todos os traballos e exercicios de clase que a profesora demande. |
10 |
|
|
C2 C3 C4 C8 C9 C14 C17
|
D1 D5 D6 D7 D22
|
Recoméndase a avaliación contínua (sistema Bolonia). Se un alumno ou alumna non pode acollerse ao sistema de avaliación continua, deberá informar á profesora e renunciar por escrito a este sistema de avaliación nun prazo de dúas semanas a partir do primeiro día de clase. Neste caso, deberá realizar o exame final de avaliación única o mesmo día da proba final da avaliación contínua. Tamén terá que realizar un exame de todos os contidos da materia o alumnado que suspenda a avaliación continua e se presente en xullo (2ª edición de actas). Tanto o exame de avaliación única como o exame de xullo consistirá nunha proba con dúas partes: - Parte teórica sobre os contidos recollidos nesta guía (30%). - Parte práctica que pode adoptar a forma de traducións de microtextos con problemas específicos de TAV ou análise dalgún caso proposto (70%). A data do exame de xullo será fixada polo Decanato. Se se detecta o plaxio nalgún dos traballos entregados, a cualificación será 0. |