Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Dúas encargas de tradución (vid. metodoloxía docente) 50
Resolución de problemas e/ou exercicios
Asistencia ás sesións presenciais (80% obrigatoria) e participación activa, que require a preparación previa dos exercicios propostos. Entrega de todos os traballos e exercicios de clase.
10
Outras Exame final da materia, con tempo controlado e material restrinxido, que constará de dúas partes:
- Parte teórica sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais, aplicados e desenvolvidos durante as sesións prácticas. As respostas redactaranse en lingua galega. (30%).
- Parte práctica que pode adoptar a forma de traducións de microtextos con problemas específicos de TAV ou análise dalgún caso proposto (70%).
O exame final realizarase 0 28 de abril.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Recoméndase a avaliación contínua (obrigatoria a asistencia ao 80% das clases). Se un alumno ou alumna non pode acollerse ao sistema de avaliación continua, deberá informar á profesora e renunciar por escrito a este sistema de avaliación nun prazo de dúas semanas a partir do primeiro día de clase. Neste caso, deberá realizar un exame final o 28 de abril (avaliación única). Tamén terá que realizar un exame final o alumnado que suspenda a avaliación continua e se presente en xullo (2ª edición de actas).

Tanto o exame de avaliación única como o exame de xullo consistirá nunha proba con dúas partes:

- Parte teórica sobre os contidos recollidos nesta guía (30%).

- Parte práctica que pode adoptar a forma de traducións de microtextos con problemas específicos de TAV ou análise dalgún caso proposto (70%).

A data do exame de xullo será fixada polo Decanato.

Se se detecta o plaxio nalgún dos traballos entregados, a cualificación será 0.

*A presencialidade enténdese tanto na aula como na biblioteca (nalgunhas sesións de traballo colectivo para consulta de bibliografía especializada: revistas).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000