Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Dous encargos de tradución individuais que incluirán, ademais da tradución de inglés a galego dun fragmento dun texto audiovisual, un comentario crítico sobre as estratexias empregadas para a resolución de problemas específicos. O comentario redactarase en lingua galega. 50
Resolución de problemas e/ou exercicios
Asistencia ás sesións presenciais (80% obrigatoria) e participación activa, que require a preparación previa dos exercicios propostos. Entrega de todos os traballos e exercicios de clase.
10
Outras Exame final da materia, con tempo controlado e material restrinxido, que constará de dúas partes:

- Parte teórica sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais, aplicados e desenvolvidos durante as sesións prácticas. As respostas redactaranse en lingua galega. (30%).

- Parte práctica, que consistirá na tradución de inglés a galego dun fragmento dun texto audiovisual. (70%).

O exame final realizarase no mes de maio, nas dúas últimas sesións presenciais do curso (de unha hora e media cada unha). Na primeira destas dúas sesións, o alumnado fará a parte teórica e na segunda, a parte práctica.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia é presencial (é obrigatoria a asistencia ao 80% das clases). Se un alumno ou alumna non pode cursar a materia de maneira presencial e, polo tanto, acollerse ao sistema de avaliación continua, deberá informar á profesora e renunciar por escrito a este sistema de avaliación nun prazo de dúas semanas a partir do primeiro día de clase. Neste caso, deberá realizar un exame final en maio (avaliación única). Tamén terá que realizar un exame final o alumnado que suspenda a avaliación continua e se presente á convocatoria de xullo.

Tanto o exame de avaliación única como o exame da convocatoria de xullo constarán de dúas partes:

- Proba presencial, con tempo controlado e material restrinxido (50%). Esta proba constará, á súa vez, dunha parte teórica sobre os contidos recollidos nesta guía (30%) e unha parte práctica, que consistirá na tradución de inglés a galego dun fragmento dun texto audiovisual (70%). As datas para esta proba serán as mesmas estipuladas para o exame final da avaliación continua, que constan no apartado de avaliación.

- Encargo de tradución (50%). Ademais da tradución de inglés a galego dun fragmento dun texto audiovisual, incluirá un comentario crítico sobre as estratexias empregadas para a resolución de problemas específicos. O comentario redactarase en lingua galega.

Se se detecta o plaxio nalgún dos traballos entregados, a cualificación será 0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000