Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos contidos teóricos recollidos no apartado correspondente desta guía. Malia tratarse de sesións maxistrais, cómpre a participación activa do alumnado (resolución de dúbidas, debates abertos, etc.).
Resolución de problemas de forma autónoma Realización de exercicios prácticos de tradución audiovisual, que se expoñerán e corrixirán nas correspondentes sesións prácticas presenciais.
Aprendizaxe baseado en proxectos Preparación de dúas encomendas, unha por cada modalidade básica (dobraxe e subtitulación). Poden facerse de xeito individual ou colectivo, previa consulta coa profesora. Adoptarán as seguintes formas:

- SUBTITULACIÓN:
Realización de 40 subtítulos e xustificación (se o alumno/a o considera pertinente) das decisións de tradución.

- DOBRAXE:
Análise crítica dunha tradución para dobraxe xa existente (15-20 minutos mínimo ou o que o alumno/a estime oportuno para dar conta de problemas/solucións de tradución tomadas).
O alumnado deberá demostrar que adquiriu as técnicas necesarias para levar a cabo con éxito unha tradución audiovisual, sexa para dobraxe ou para subtitulación e que dispón das ferramentas analíticas mínimas para facer unha análise crítica ou para explicar as súas decisións de tradución.
Resolución de problemas Sesións prácticas que se desenvolverán a modo de obradoiros de comentario e tradución en equipo a partir das propostas individuais (previamente preparadas) de cada alumno ou alumna. O alumnado deberá demostrar que conta cunhas destrezas básicas á hora de acometer unha tradución audiovisual e, así mesmo, que interiorizou os conceptos básicos expostos nas sesións teóricas. Estas sesións terán lugar na aula habitual e na biblioteca cando o traballo en equipo e a consulta de material bibliográfico (revistas especializadas) así o requira. Neste caso, estarán titorizados en tempo real desde Moovi pola profesora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000