Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Realización de exercicios prácticos de tradución audiovisual, que se expoñerán e corrixirán nas correspondentes sesións prácticas presenciais. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Sesións prácticas que se desenvolverán a modo de obradoiros de comentario e tradución en equipo a partir das propostas individuais (previamente preparadas) de cada alumno ou alumna. O alumnado deberá demostrar que conta cunhas destrezas básicas á hora de acometer unha tradución audiovisual e, así mesmo, que interiorizou os conceptos básicos expostos nas sesións teóricas. Estas sesións terán lugar na aula habitual e na biblioteca cando o traballo en equipo e a consulta de material bibliográfico (revistas especializadas) así o requira. Neste caso, estarán titorizados en tempo real dende faitic pola profesora. |