Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos recollidos no apartado correspondente desta guía. Malia tratarse de sesións maxistrais, cómpre a participación activa do alumnado (resolución de dúbidas, debates abertos, etc.).
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de exercicios prácticos de tradución audiovisual, que se expoñerán e corrixirán nas correspondentes sesións prácticas presenciais.
Proxectos Preparación de dúas encomendas de tradución ou de análise crítica de traducións realizadas por profesionais, que se escollerán entre as 3 modalidades básicas (dobraxe, subtitulación e subtitulación para xordos). Poden facerse de xeito individual ou colectivo, previa consulta coa profesora. Adoptarán as seguintes formas:
O alumnado deberá demostrar que adquiriu as técnicas necesarias para levar a cabo con éxito (e cun mínimo de calidade establecido previamente) unha tradución audiovisual, sexa para dobraxe ou para subtitulación e que dispón das ferramentas analíticas mínimas para facer unha análise crítica ou para explicar as súas decisións de tradución.
Resolución de problemas e/ou exercicios Sesións prácticas que se desenvolverán a modo de obradoiros de comentario e tradución en equipo a partir das propostas individuais (previamente preparadas) de cada alumno ou alumna. O alumnado deberá demostrar que conta cunhas destrezas básicas á hora de acometer unha tradución audiovisual e, así mesmo, que interiorizou os conceptos básicos expostos nas sesións teóricas. Estas sesións terán lugar na aula habitual e na biblioteca cando o traballo en equipo e a consulta de material bibliográfico (revistas especializadas) así o requira.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000