Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos recollidos no apartado correspondente desta guía. Malia tratarse de sesións maxistrais, requirirase a participación activa do alumnado (resolución de dúbidas, debates abertos, etc.).
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de exercicios prácticos de tradución audiovisual, que se expoñerán e corrixirán nas correspondentes sesións prácticas presenciais.
Proxectos Preparación de dous encargos de tradución individuais que incluirán, ademais da tradución de inglés a galego dun fragmento dun texto audiovisual, un comentario crítico sobre as estratexias empregadas para a resolución de problemas específicos. O comentario redactarase en lingua galega. O alumnado deberá demostrar que adquiriu as técnicas necesarias para levar a cabo con éxito (e cun mínimo de calidade establecido previamente) unha tradución audiovisual, sexa para dobraxe ou para subtitulación.
Resolución de problemas e/ou exercicios Sesións prácticas que se desenvolverán a modo de obradoiros de comentario e tradución en equipo a partir das propostas individuais (previamente preparadas) de cada alumno ou alumna. O alumnado deberá demostrar que conta cunhas destrezas básicas á hora de acometer unha tradución audiovisual e, así mesmo, que interiorizou os conceptos básicos expostos nas sesións teóricas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000