Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos Sistema de avaliación continua

Tradución es>fr

A nota media do módulo de tradución es>fr, que representa o total de 50% da nota final, elabórase a partir das tres mellores notas dun total de catro cualificacións procedentes de encomendas. A primeira encomenda deberá entregarse na semana do 25 ó 29 de setembro, a segunda encomenda na semana do 30 de outubro ó 3 de novembro, a terceira na semana do 20 ó 24 de novembro e a cuarta na semana do 4 ó 8 de decembro de 2017, todas elas via Faitic.


Traducción fr>es

Dúas encomendas que se desenvolverán nas datas que a docente indique a comezos de curso. Farase nota media das dúas encomendas.

Se a nota da segunda encomenda de tradución fr>es supera polo menos en 1 punto á primeira, só se terá en conta a nota da segunda para facer as porcentaxes.
100 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C17
C22
C23
C26
C27
D4
D6
D7
D9
D15
D16
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso nun módulo ou nos dous módulos deberá presentarse ó exame do(s) módulo(s) suspenso(s) á convocatoria da segunda edición de actas en xullo de 2018 na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade.

De ser o caso, a nota do módulo aprobado en avaliación continua conservarase unicamente ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2018.

Avaliación única

Primeira edición de actas (xaneiro de 2018)

A parte de tradución fr>es suporá o 50% da nota final e a parte de tradución es>fr suporá outro 50% da nota final.

O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada pola FFT. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá dúas encomendas, unha de tradución fr>es e outra de tradución es>fr, que terá que realizar nun prazo determinado. O equipo docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización das encomendas e o seu prazo de entrega.

O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó equipo docente a súa intención de presentarse. Nese caso o equipo docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade. O feito de presentarse o día da convocatoria oficial ou de confirmar a súa intención de someterse á avaliación significa que o alumnado de avaliación única non poderá ser cualificado con non presentado. En caso de non entregar os traballos das probas, a cualificación será de suspenso (0).

A nota da parte aprobada na primeira edición das actas en xaneiro de 2018 conservarase ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2018.

Segunda edición de actas (xullo de 2018)

A parte de tradución fr>es suporá o 50% da nota final e a parte de tradución es>fr suporá outro 50% da nota final.

O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada pola FFT. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá dúas encomendas, unha de tradución fr>es e outra de tradución es>fr, que terá que realizar nun prazo determinado. O equipo docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización das encomendas e o seu prazo de entrega.

O alumnado que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado. O alumnado que por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó equipo docente a súa intención de presentarse. Nese caso o equipo docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade. O feito de presentarse o día da convocatoria oficial ou de confirmar a súa intención de someterse á avaliación significa que o alumnado non poderá ser cualificado con non presentado. En caso de non entregar os traballos das probas, a cualificación será de suspenso (0).

Outros comentarios

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O equipo docente poderá excluír do sistema de avaliación continua aquel alumnado que de forma non xustificada falte a máis de tres sesións en cada módulo no cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de avaliación continua pasará a avaliarse polo sistema de avaliación única.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ó equipo docente. Este arbitrará outros sistemas de control da participación na materia mediante traballos de curso con prazos en faitic.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000