Avaliación continua O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso nun módulo ou nos dous módulos deberá presentarse ó exame do(s) módulo(s) suspenso(s) á convocatoria da segunda edición de actas en xullo de 2018 na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade. De ser o caso, a nota do módulo aprobado en avaliación continua conservarase unicamente ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2018. Avaliación única Primeira edición de actas (xaneiro de 2018) A parte de tradución fr>es suporá o 50% da nota final e a parte de tradución es>fr suporá outro 50% da nota final. O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada pola FFT. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá dúas encomendas, unha de tradución fr>es e outra de tradución es>fr, que terá que realizar nun prazo determinado. O equipo docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización das encomendas e o seu prazo de entrega. O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó equipo docente a súa intención de presentarse. Nese caso o equipo docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade. O feito de presentarse o día da convocatoria oficial ou de confirmar a súa intención de someterse á avaliación significa que o alumnado de avaliación única non poderá ser cualificado con non presentado. En caso de non entregar os traballos das probas, a cualificación será de suspenso (0). A nota da parte aprobada na primeira edición das actas en xaneiro de 2018 conservarase ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2018. Segunda edición de actas (xullo de 2018) A parte de tradución fr>es suporá o 50% da nota final e a parte de tradución es>fr suporá outro 50% da nota final. O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada pola FFT. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá dúas encomendas, unha de tradución fr>es e outra de tradución es>fr, que terá que realizar nun prazo determinado. O equipo docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización das encomendas e o seu prazo de entrega. O alumnado que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado. O alumnado que por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó equipo docente a súa intención de presentarse. Nese caso o equipo docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade. O feito de presentarse o día da convocatoria oficial ou de confirmar a súa intención de someterse á avaliación significa que o alumnado non poderá ser cualificado con non presentado. En caso de non entregar os traballos das probas, a cualificación será de suspenso (0). Outros comentarios Presencialidade Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O equipo docente poderá excluír do sistema de avaliación continua aquel alumnado que de forma non xustificada falte a máis de tres sesións en cada módulo no cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de avaliación continua pasará a avaliarse polo sistema de avaliación única. O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ó equipo docente. Este arbitrará outros sistemas de control da participación na materia mediante traballos de curso con prazos en faitic. Plaxio A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Corrección lingüística A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. Teledocencia É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. |