Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Tradución inversa

10% Na primeira semana de decembro de 2015 realizarase unha proba de tradución inversa na aula.

A nota desta proba forma parte das cualificacións entre as que se escollen as tres mellores notas, pois calcúlase a nota media do módulo de inversa a partir das tres mellores cualificacións obtidas entre as das tres encomendas e a da proba na aula.


Traducción directa

30% O 13 de xaneiro de 2016 ás 11 h. realizarase unha proba de tradución directa na aula.

As notas de tradución directa e de tradución inversa farán media en caso de que se superen ámbolos dous módulos. De ter algunha das partes suspensas, haberá que presentarse na convocatoria de xullo de 2016 a esa parte, na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade. A nota da parte aprobada conservarase ata a convocatoria de xullo de 2016.
40 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C17
C22
C26
C27
D4
D6
D7
D9
D18
Traballos e proxectos Tradución inversa

30%

A nota media do módulo de tradución inversa, que representa o total de 40% da nota final, elabórase a partir das tres mellores notas dun total de catro cualificacións.

Tres das cualificacións proceden de encomendas. A primeira deberase entregar na última semana de setembro, a segunda na primeira semana de novembro e a terceira na segunda semana de decembro de 2015, todas elas via Faitic.

A cuarta cualificación procede do exame en aula (véxase o punto de tradución inversa do apartado de Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas).

Traducción directa
30 % Dúas encomendas. Unha na semana de traballo autónomo do 1º C (do 2-7 nov.) e a segunda a primeira seman lectiva de xaneiro (11-15 xan. 2016) Farase nota media das mesmas.

Se a nota da segunda encomenda de dierecta supera polo menos en 1 punto á primeira, só se terá en conta a nota da segunda para facer as porcentaxes.
60 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C17
C22
C23
C26
C27
D4
D6
D7
D9
D15
D16
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso nun módulo ou nos dous módulos deberá presentarse ó exame do(s) módulo(s) suspenso(s) á convocatoria da segunda edición de actas en xullo de 2016 na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade.

De ser o caso, a nota do módulo aprobado en avaliación continua conservarase unicamente ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2016.

Primeira edición de actas (xaneiro de 2016)

A parte de tradución directa suporá o 60% da nota final e a partede tradución inversa suporá o 40% da nota final.

Tradución directa: deberá presentarse a un exame o día 13 de xaneiro ás 11 h. e entregar unha encarga que se dará o mesmo día do exame, e que contará o 50% da nota.

Para a tradución inversa: o alumnado concernido terá que realizarun exame de tradución na aula e na data correspondentes á derradeira sesión da materia en decembro de 2015.

A nota da parte aprobada na primeira edición das actas en xuño de 2016 conservarase ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2016.

Segunda edición de actas (xullo de 2016)

A parte de tradución directa suporá o 60% da nota final e a parte de tradución inversa suporá o 40% da nota final.

Tradución directa: deberá presentarse a un exame na data establecida e entregar unha encarga que se dará o mesmo día do exame, e que contará o 50% da nota.

Para a tradución inversa: o alumnado concernido terá que realizará un exame de tradución na aula e na data correspondentes ó exame oficial desta materia, segundo o calendario da Facultade.

Para algunha das probas de tradución, o equipo docente poderá fixar un prazo de entrega posterior á data da convocatoria.

Calquera copia o plaxio será cualificado con 0 (cero), e o traballo non se poderá repetir.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000