Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O 2 de decembro de 2014 realizarase unha proba de tradución inversa na aula. O 10% da nota dependerá desta proba de tradución inversa, coa que se calculará a nota media do módulo de inversa xunto con notas das encomendas. En caso de obter nunha encomenda de tradución inversa unha nota superior á desta proba en aula de tradución inversa, a nota que se terá en consideración para calcular este valor e calcular a media do módulo de inversa será a nota obtida na encomenda.

O 9 de decembro de 2014 realizarase unha proba de tradución directa na aula. O 30% da nota dependerá desta proba de tradución directa.
40
Traballos e proxectos Para a parte de tradución directa, encargarase unha encomenda de tradución na primeira semana de novembro. Un 30% da nota dependerá desta encomenda de tradución directa. Para a parte de inversa encargaranse tres encomendas. Unha deberase entregar na última semana de setembro, outra na primeira semana de novembro e a derradeira na segunda semana de decembro de 2014, todas elas via Faitic. Un 30% da nota final dependerá da nota media das 3 mellores notas destas encomendas. En caso de obter na proba en aula de tradución inversa unha nota superior á dunha encomenda de tradución inversa, a nota que se terá en consideración para xuntar as 3 mellores notas de inversa será a nota obtida na proba en aula.

A nota media das actividades de tradución inversa calcularase considerando as tres mellores notas das catro notas obtidas ó longo do semestre. As catro notas procederán das tres encomendas e da tradución en aula.
As notas de tradución directa e de tradución inversa farán media en caso de que se superen ámbolos dous módulos. As proporcións para a media serán do 60% para o módulo da tradución directa e 40% para o da tradución inversa. De ter algunha das partes suspensas, haberá que presentarse na convocatoria de xullo de 2015 a esa parte. A nota da parte aprobada conservarase ata a convocatoria de xullo de 2015.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Para poder seguir o sistema de avaliación continua,
o alumnado deberá asistir polo menos ó 80% das horas presenciais e presentar
tódolos traballos suxeitos a avaliación nos prazos e condicións establecidos.

Nas dúas primeiras semanas de curso
cada alumno/a deberá comunicarlles ós docentes por escrito a súa intención de
acollerse ó sistema de avaliación continua. Entenderase que aqueles/as
alumnos/as que non comuniquen esa intención por escrito dentro dese prazo non
seguirán a docencia no sistema de avaliación continua, e polo tanto deberá
presentarse á convocatoria da segunda edición de actas (xullo) ou sucesivas.

O alumnado que se acolla á
avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse
á convocatoria da segunda edición de actas (xullo) ou sucesivas.

 

Primeira
edición de actas (decembro de 2014) e segunda edición de actas (xullo de 2015)

O alumno que non se acolla á avaliación continua
deberá presentarse na aula na que se imparte a clase o día 2 de decembro de
2014 para realizar a proba da convocatoria da primeira edición de actas (decembro
de 2014). Esta terá dúas partes: unha dedicada á tradución directa e outra á
tradución inversa. Para aproveitar correctamente as dúas horas de tempo
presencial, o equipo docente poderá fixar un prazo de entrega de algunha proba
de tradución para unha data posterior á da convocatoria.

A parte de tradución directa suporá o 60% da nota
final e a parte de tradución inversa suporá o 40% da nota final.



As notas de tradución directa e de tradución inversa farán media se ámbalas
dúas están aprobadas. As proporcións para a media serán do 60% para o módulo da
tradución directa e 40% para o da tradución inversa.

De ter algunha das partes suspensas, haberá que
presentarse a esa parte na convocatoria da segunda edición de actas fixada para
o 6 de xullo de 2015 ás 16.00 horas na aula B6A. A nota da parte aprobada
conservarase ata esa convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2015.

A data e as condicións do exame comunicaránselle tamén ó alumnado mediante
Faitic.

Na convocatoria da segunda edición de actas a avaliación realizarase da mesma forma
que na convocatoria da primeira edición de actas.O plaxio de calquera exercicio verase penalizado cun suspenso na materia.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000